mércores, 18 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Exposición na entrada do colexio
Ao longo da pasada semana e parte desta tivemos a prensa diaria á nosa disposición para ler e traballar nas aulas. Montamos unha pequena exposición na entrada do centro onde tiñamos tres a prensa de cada día, prensa internacional e prensa dos días anteriores por se alguén quería "repasar", sobre todo os xornais deportivos que, todo hai que dicilo, teñen verdadeiro éxito nos niveis máis altos do cole. como vedes na imaxe, tamén fixemos unha sinxela "disección" destacando as partes máis importantes dun xornal.

Ningún comentario: