xoves, 12 de maio de 2016

Contacontos: A PANTUFLA DE CELIA

O pasado luns, 9 de maio, Andrea e Sabela contaron un conto máis dentro das nosas sesións voluntarias de contacontos nos recreos. Nesta ocasión, A pantufla de Celia, un libro de Concha Blanco, de Hércules Edicións
No andel dunha tenda vive unha pantufla con forma de vaca.
As persoas pasan e mírana, pero apenas fanlle caso…
Ata que un día entra Celia e se namora das súas manchas negras e brancas.
Pero, fatalidade! as zapatillas son parella e non se venden dunha nunha!…
Coma sempre, temos que agradecer este esforzo por achegar as historias aos máis pequenos. Cada un destes contos leva consigo unha preparación por pequena que sexa (as veces moi grande) e un tempo  que agasallan para todos os que queiran escoitar unha historia ou un poema... Así que, moitas, moitas grazas a Andrea e a Sabela pola vosa xenerosidade!!

Ningún comentario: