martes, 10 de maio de 2016

FERROL, DE FLORES CUBERTO

http://allevents.in/org/coordenadora-de-equipas-de-normalizaci%C3%B3n-ling%C3%BC%C3%ADstica-de-ferrolterra/7825820#

 Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros...
Manuel Curros Enríquez

Como ben saberedes, o pasado venres tiñamos programada unha saída xunto con outros coles para celebrar na Praza de España a festa dos Maios: Ferrol, de frores cuberto.
O mal tempo botou esta iniciativa da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol atrás, e tivemos que celebralo no centro. Polo menos puidemos cantar e bailar arredor do noso Maio.
Esta é a letra da cantiga tradicional do Maio que a profe Guadi preparou cos nenos e nenas para cantar:



Maio, Maio
entra de crego
Non revolva-lo tempo xurando.
Maio, Maio
da cruz da mariña
Bótennolo Maio, señores cabaleiros
Se non teñen Maios pois bótennos diñeiro

Aí vén o Maio pola calle do Sol

Aí vén o Maio de roubar ó valedor.
vén o Maio pola calle do Medio
vén o Maio de roubar o velo-velo.
vén o Maio pola rúa de Abaixo
vén o Maio de roubar o Tirabaixo.
vén o Maio por riba das silveiras
vén o Maio de roubar ás costureiras.
vén o Maio pola rúia de Arriba
vén o Maio de roubar á Marabilla.
E nas imaxes podedes ver a elaboración e a celebración. Xa podedes pasar...

Ningún comentario: