viernes, 10 de junio de 2016

PAPIROFLEXIA NA BIBLIO CON ANTÓN CORTIZAS

O BICO DO GALO
Así, como é Antón:
xeneroso, divertido, 
fabuloso, encantador,
enxeñoso, positivo,
de trato afable, 
e bo comunicador. 
Pois iso, hoxe, na Biblioteca, despois do recreo tivemos unha interesante xuntanza con Antón Cortizas na que aprendemos a elaborar un BARCO DE PAPEL, un GORRO, un BICO DO GALO e un TUTELO co que facer música. Escoitamos historias, rimos un pedazo, descubrimos moitas cousas e pasamos un tempo marabilloso. Unha hora e media ben aproveitada!! 
Grazas, Antón, e ata a próxima!!
Recordade que na Biblioteca temos moitos dos seus libros, pero sobre todo, se queredes aprender moitas máis cousas sobre papiroflexia, o Tastarabás. Non desperdiciedes a ocasión de botarlle mil oitenta olladas. ; )

3 comentarios:

Feli dijo...

Grazas Antón
por agasallarnos
con esta sesión.

Ana Martinez dijo...

Vese que o pasaron fenomenal. Imos ter que "fichar" a Antón para que tamén veña ao noso cole. Unha aperta e moi boa semana.

Anónimo dijo...

Moitas grazas Antón, paseino moi ben.
Gústame moito a papiroflexia, grazas outra vez.
Irene Fraguela 5º de primaria do colexio de Pazos.:)