luns, 23 de maio de 2016

Comeza a Segunda Edición de MATESPAZOS

Inventando números, de Gianni Rodari, foi o libro que dou inicio á segunda edición de MATESPAZOS.  Hoxe, pola mañá, antes da saída cara ao Bautismo de Mar, xuntámonos na Biblioteca e, tras a súa lectura, pasamos a recordar as bases deste concurso. Un novo curso enfrontarémonos a 15 retos matemáticos. No recanto de MATESPAZOS,  tedes acceso ás probas do curso pasado, e tamén irán aparecendo as novas deste. Prestade moita atención e recordade non precipitarvos nas respostas; ás veces non é o que imaxinamos... Pensade que o ano pasado o 1º premio estivo repartido entre unha alumna de 3º de primaria, Nuria; e un alumno de 6º, Lucas!! Recordádelo??
Boa sorte a todos e todas!
<(div>

1 comentario:

Anónimo dixo...

Matespazos e un concurso xenial.
Nel, os nenos aprenden a pensar e a buscar información e iso e moi bó para eles.