lunes, 31 de octubre de 2016

Contacontos: "A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE"

A semana pasada tivemos a oportunidade de escoitar a Sofía Sanjurjo contar o conto, "A miña amiga a escuridade", de Ella Burfoot, publicado na Editorial Juventud. Unha amizade que parecía imposible pero resultou... Foi a nosa homenaxe ao Día das Bibliotecas Escolares; que mellor que escoitar e ver un conto? Neste enlace accededes ao resto das imaxes.
A continuación podedes ver un vídeo que recolle a Adaptación do libro que se fixo no curso de Teatro de Sombras Chinescas no Verbum de Vigo. Impartido pola xente de Tanxarina.
NORABOA A SOFÍA POR INICIAR ESTA ACTIVIDADE TAN MOTIVADORA PARA, SOBRE TODO, OS MÁIS PEQUENOS. GRAZAS E ATA A PRÓXIMA!!
Por certo, queres ver o conto en inglés?...