xoves, 10 de novembro de 2016

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO




 
"O peón do avó era azul. Pintárao co que lle sobrara de pintar o batuxo de andar polo río. Nunca o tirei do peto diante dos amigos, rirían de min a gargalladas. Onte, ao vir do enterro, uns rapaces xogaban. Deitado no medio do círculo riscado na terra cun carabullo, un peón case novo. Podo? Arrolei a corda e lancei con forza. O peón azul do avó asubiou no ar e dirixiuse á barriga do dormente. Un estalo e abriuno ao medio coma unha mazá. Veu cara a miña man. Recollino bailando e sorrinlle ao avó."
11 de novembro de 2016

http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2016/10/cartazpeon2016.pdf


Mañá no cole celebramos o "DÍA DO PEÓN". Estes días podedes visitar a exposición de libros e material para saber máis sobre os xogos populares: Chirlosmirlos* e o Tastarabás, do noso querido Antón Cortizas, ademais doutros que poden resultar de moito interese.. 
*Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.
 
Tamén hai marcapáxinas e buxainas preparados para que os decoredes. Pero non acaba aquí a cousa...
¿Queredes comprobar canto sabedes?
Pois premede na imaxe e entrade no Pasapalabra do Día do Peón!!
https://scratch.mit.edu/projects/125843711/
Creado polo 
Mestre de Educación Física no CPI de San Sadurniño, Iván.
Brinquedia: 

Ningún comentario: