domingo, 27 de novembro de 2016

CORRESPONDENCIA DE CHISPA

  *ATENCIÓN  *  ATENCIÓN  *  ATENCIÓN  *  ATENCIÓN  *

Segundo me acaba de informar Chispa, esta noite ten intención de pasar polo cole para deixar unhas cantas cartas. 
Estade atentos e atentas por se non aparecen...; daquela haberá que buscalas. Esperemos que sexa quen de atopar o sitio onde senta cadaquén!!
As cartas son para Alejandra, Yulia, Andrea, Diego, Miriam, Nerea, Aroa, Sofía e Elia. Ademais hai unha que non leva nome porque me di que cando as recolleu, algunhas non tiñan sinatura ; logo, imposible saber de quen eran. Nenos, nenas!!! recordade asinar!!!

Ningún comentario: