viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Nas paredes do colexio deixamos as nosas pegadas con ilustracións e mensaxes de rexeitamento.
Na Biblioteca xuntámonos a primeira hora da mañá 3º, 4º, 5º e 6º, e vimos o audiovisual do libro "Xela volveuse vampira", que algúns xa leramos na clase. Logo tivemos un momento de coloquio e reflexión. 
 Como ben saberedes os que xa coñecedes este conto, é de Fina Casalderrey, ilustrado por Noemí López Vázquez e publicado por Baía Edicións. Cada ano contámolo porque nos parece perfecto para tratar este tema.  A vida da profe máis querida polos seus alumnos e alumnas dá un xiro que lles preocupan, e pronto comezan a sospeitar se Xela se terá convertido en vampira. Pero Breixo, un neno de corazón limpo, coa axuda de Rute descubriron a verdade e axudaron a Xela a saír do seu "frasco de cristal" e a volver a ser a mestra feliz de sempre...
Se queredes saber a historia completa, teredes que solucionalo léndoo. Nós recomendámovolo!!








1 comentario:

Anónimo dijo...

Non á violencia de xénero, todos somos iguais.