jueves, 16 de marzo de 2017

BALONCESTO NO COLE: UNI FERROL!!!!

Esta mañá visitáronos tres xogadoras do UNI Ferrol: Ana Suárez, Patricia Cabrera e Vilma Kesänen.
Contáronnos moitas cousas da súa vida profesional no deporte, anécdotas e curiosidades sobre a súa vida e a súa paixón. Pero sobre todo, fixéronnos reflexionar sobre a importancia que ten estudar para completar esa actividade.
Aquí saímos na súa páxina
Logo de escoitalas e charlar con elas, asinaron un montón de fotos, UNHA PARA CADA UN!!! e a continuación, fomos ao pavillón. Alí fixéronnos unha demostración e retáronnos a xogar con elas.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Difícil seleccionar entre tantas...

Por certo, falta a foto que nos asinaron para a Biblioteca. Un día destes escaneámola e amosámosvola... 
Formará parte da nosa sección de DEPORTES!!!!
Grazas e noraboa polos vosos logros!

No hay comentarios: