miércoles, 15 de marzo de 2017

CONTACONTOS: "Te aseguro que los monstruos no existen"

Onte na Biblioteca Icía, de segundo; María, de terceiro e Gaia e Marta, de cuarto contaron "Te aseguro que los monstruos no existen". Pero con ou sen monstro o que si pasou foi que as fotos non quixeron saír, e desta temos que nos conformar co recordo que repartiron ao finalizar entre os pequenos e pequenas. 
De todas formas, dende aquí vai unha grande felicitación para as catro. Moitas grazas por seguir co voso entusiasmo seleccionando e contando contos!!
Dentro duns días volverémolas ver porque van repetir a sesión, pero esta vez será na HORA DE LER e para todos os nenos e nenas de Infantil.
Estade atentos!!! Teredes noticias destas catro magníficas lectoras!!

No hay comentarios: