miércoles, 26 de abril de 2017

Contacontos de IAGO LÓPEZ: O COCIÑEIRO MARTIÑO

Todas as imaxes clicando na foto
Esta mañá Iago López, a quen xa coñecemos de tantos e tantos contos que nos leva contado estivo con nós. Nesta ocasión contounos "O cociñeiro Martiño", un conto da súa autoría, publicado por Xerais e ilustrado por Macus Romero.
"No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa..."

Noraboa polo teu libro. 
Dende aquí desexámosche tantos acertos escribindo como contando!!

Ata outra!! 

No hay comentarios: