martes, 25 de abril de 2017

HOXE, CONFERENCIA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Esta mañá, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º asistiu a unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR impartida por unha inspectora da Policía Nacional, e  promovida pola ANPA do noso centro
Na mesma puideron e puidemos reflexionar sobre a importancia do respecto aos  compañeiros e compañeiras. Tamén se fixo incidencia da necesidade do apoio de todo o grupo aos que poidesen estar sufrindo calquera das formas de acoso escolar. Unha vez máis reflexionemos e actuemos. Nas mans de todos e todas está frear ao acosador.






Ningún comentario: