martes, 10 de octubre de 2017

PRIMEIRO CONTACONTOS DA TEMPADA: "ONDE VIVEN OS MONSTROS"


"Onde viven os monstros" é, como moitos saberedes, un fermoso libro de Maurice Sendak, editado por Kalandraka.
Esta mañá, na hora do recreo, a profe Rosa e Mario contáronnolo compartindo verbas e contaxiando emoción. Seguro que moi axiña teremos máis voluntarios e voluntarias listos para contar historias. Algúns xa están traballando niso, sabémolo...!!
https://photos.app.goo.gl/N3ABFb04R5aB459g1
 GRAZAS AOS DOUS POR AMOSARNOS ESTE CONTO. 
MARIO, ESPERÁMOSTE DE NOVO. 
NON TARDES! 

2 comentarios:

profe Rosa dijo...

É que xa ao saír do cole, preguntaba: "e mañá, que imos contar?"
Penso que a Biblio Xoán Farías gañou un superfan máis no día de hoxe 😉

profe Rosa dijo...

Nais, pais, avoas ou avós, madriñas ou padriños, tías ou tíos... Animádevos a axudarlles aos peques de infantil a contar contos no recreo!!!
É un recordo que durará sempre ❤️