mércores, 18 de outubro de 2017

SEGUEN OS CONTACONTOS: LA VERDAD SEGÚN ARTURO

https://photos.app.goo.gl/cAhLTikJVBrmlhSD3
PINCHA NA FOTO SE QUERES VER TODAS AS IMAXES
Chegou o segundo conto deste curso. Grazas a Diego e a Hugo, de 3º de primaria, coñecimos a historia de Arturo e a súa relación coa Verdade. Nada boa ao principio, pero  as cousas cambian...
"La VERDAD según Arturo" é un divertido libro sobre a mentira. De Tim Hopgood e ilustracións de David Tazzyman,  está editado por Combel.
https://www.combeleditorial.com/es/libro/la-verdad-segun-arturo_978-84-9101-112-5

Dende o blog animámosvos a lelo na casa para descubrir todo o que se lle ocorre a Arturo para non ter que contar a verdade. Porque..., ante unha situación difícil, que decidiriades facer: dicir a verdade ou non? Vós que opinades?
Esperamos que gocedes tanto co texto como coas ilustracións!!
Diego e Hugo, moitas grazas pola vosa colaboración. Sabemos que para contar un conto tedes que facer un esforzo; primeiro por escoller unha boa historia e logo, por preparala. Hai que ser moi afouto para contar un conto diante de tantos compañeiros, iso non o fai calquera!
Fixéstelo moi ben e por iso merecedes unhas 
FELICIDADES CON MAIÚSCULAS!!
ATA A PRÓXIMA!!

Ningún comentario: