martes, 21 de novembro de 2017

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO- Charla da Policía Nacional

Continuando co ciclo de conferencias da POLICÍA NACIONAL que a ANPA do noso cole promove dende hai un ano, esta mañá abrimos as portas ás familias que quixeron acompañar ao alumnado de 5º e 6º. A charla versaba sobre a Violencia de Xénero. Con vídeos e exemplos tentaron explicar a importancia do respecto pola igualdade de xéneros. Fixeron un percorrido pola nosa historia recente para ver os cambios que a  sociedade foi quen de lograr. E  achégáronse tamén a outras culturas nas que a muller carece dos dereitos que como ser humano debería ter recoñecidos.

Coas recomendacións ao alumnado de como actuar no caso de necesitar axuda rematou esta charla que dará lugar á reflexión nas aulas e nas familias, ao longo desta semana de forma especial. 
O NOSO AGRADECEMENTO Á 
ANPA DO COLEXIO.
E Á POLICÍA NACIONAL 
POLA SÚA COLABORACIÓN

Ningún comentario: