xoves, 23 de novembro de 2017

MAXIA CON PEDRO BUGARÍN



PREME NA IMAXE, SE QUERES ACCEDER AO ÁLBUM COMPLETO!
Unhas boas risadas foi o que botamos esta mañá! E, senón, podedes ver as fotos e xa vos facedes unha idea.
Visitounos o Mago Pedro Bugarín. Unha actuación solicitada pola ANPA do centro en colaboración co propio CEIP de Pazos e cofinanciada pola Deputación de A Coruña (Rede Cultural da Deputación de A Coruña)
O acto, dirixido a todo o alumnado do centro, durou algo máis dunha hora e estivo aberto ás familias. O espectáculo arrincou, dos grandes e pequenos, unhas boas risas ao longo de toda a actuación, xa que Pedro Bugarín amosou moitos trucos de maxia que soubo combinar cunha continua dose de humor. Éxito rotundo!
https://photos.app.goo.gl/P2emSmWMWPGf8iHk2












É verdade que no cole sempre gustamos da maxia grazas á nosa Maga Feli, e ás súas incondicionais colaboradoras. A de hoxe foi outra oportunidade de imaxinar, soñar e divertirse porque  
AQUELES QUE CREN NA MAXIA ESTÁN DESTINADOS A ATOPALA!
DENDE AQUÍ,
GRAZAS AO MAGO PEDRO BUGARÍN
QUE SIGA A MAXIA!





Ningún comentario: