Comezamos esta semana coa charla impartida pola Policía Nacional sobre a Violencia de Xénero para 5º e 6º e as familias. Hoxe, como xa vén sendo tradición, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, xuntámonos na Biblioteca para ver o conto de Fina Casalderrey: "Xela volveuse vampira", con ilustracións de Noemí López, da Baía Edicións.
Na entrada tamén amosamos os nosos traballos rexeitando a violencia. E logo, repartimos as mochilas e as bolsas de FERROL EN NEGRO, que facilitou o Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario