PREME NA IMAXE, SE QUERES VER TODAS AS FOTOS |
PREME NA IMAXE, SE QUERES VER TODAS AS FOTOS |
Esta mañá Paulino Gasalla, da SGHN, deu unha interesante charla sobre ASTRONOMÍA para os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Acompañando as explicacións con imaxes, presentacións e a axuda do programa Stellarium falounos, en primeiro lugar, de como a contaminación lumínica nos priva de ver moitas das estrelas que brillan no noso ceo. Amosounos esas estrelas: as brancas, amarelas, azuis e vermellas; comprobamos que o SOL é unha delas, pero minúscula en comparación a outras xigantescas; observamos as constelacións máis famosas; a lúa, algúns planetas, galaxias, furados negros, viaxes espaciais, a gravidade, e volta cos furados negros... Preguntas, preguntas e máis preguntas: é o que ten o ceo que nos envolve, non si?
O mellor de todo, o interese que espertou este tema. Sabemos que, dende hoxe, algúns verán o firmamento doutra forma!
Moitas grazas, Paulino, polo teu tempo
e por achegarnos a lúa e as estrelas tan perto,
iso non ocorre todos os días!
PREME NA IMAXE, SE QUERES VER TODAS AS FOTOS |
Ningún comentario:
Publicar un comentario