martes, 5 de diciembre de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: DORITA MARIQUITA

PREME NA IMAXES PARA VER O RESTO DAS FOTOS

Novo contacontos na Hora do Recreo. Esta vez contouno Paula López Mella, de 6º. Escolleu outro conto da colección Bichitos Curiosos, do autor francés Antoon Krings: "Dorita Mariquita".
"Dorita era unha bonita xoaniña e a súa nai estaba orgullosa dela porque nunca desobedecía nin mentía. Un día, Dorita foi pousar,  sen se dar conta, no nariz dunha bruxa á que non lle gustaba nada que lle fixesen cóxegas. Converteu a Dorita na máis fea das xoaniñas." Pero o conto non acaba aí, por suposto... Nestes casos sempre hai algunha solución.
O noso agradecemento a Paula por preparar un novo conto para os pequenos, e, QUE SIGAN OS CONTACONTOS!!

No hay comentarios: