mércores, 17 de xaneiro de 2018

20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA

https://photos.app.goo.gl/4sNqUKYVzg8BSLe22
PREME NA FOTO E ACCEDE AO ÁLBUM
https://photos.app.goo.gl/4sNqUKYVzg8BSLe22
Este martes visitamos AQUARIUM FINISTERRAE,  a Casa dos Peixes de A Coruña. Coma sempre, é agradable pasear nun ambiente tan relaxante, e cheo de curiosidades: Un mundo fascinante. 
Foi unha visita moi rápida, e bastante acelerada, sobre todo para os máis pequenos, xa que non tiveron tempo dabondo para ver tantos e tantos animaliños que lles chamaban a atención. 
Visitamos as súas salas e atendemos ás explicacións da guía. Por exemplo, aprendemos que un polbo ten tres corazóns e nove cerebros; que hai peixes que teñen ás e patas; as diferencias entre as mantas e as raias, ... Pero, unha vez máis, o que máis nos impresionou foi o tempo (pouco, iso si) que pasamos na sala Nautilus. Aí segue Gastón, ben alimentado e coidado...
A baixada a esta sala, coas imaxes do libro de Xulio Verne, 20000 leguas de viaxe submarina, segue  gardando un encanto especial!

Ningún comentario: