domingo, 4 de febreiro de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Este venres celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Como cada curso, elaboramos un libro colectivo e este día fixemos a lectura ante o resto de compañeiros e compañeiras. O deste ano leva como tema a nosa convivencia, entendendo que a PAZ comeza moi perto de nós, no noso entorno máis próximo, a nosa familia e o noso colexio. Non credes?
O acto comezou cun libro que nos contou a profe Rosa, El país de las pulgas, de Beatrice Alemagna, de PHAIDON.
E se un día as pulgas que viven nun colchón montaran unha festa? Un conto divertido sobre a diferenza e a tolerancia para o público infantil de todas as idades. Escrito e ilustrado coa encantadora técnica de Beatrice Alemagna, que mestura tecidos, encaixe e collage, unha combinación inédita nun libro destas características. Esta sinxela narración, protagonizada por uns simpáticos personaxes con encanto universal, é ideal para ler en voz alta ou para os novos lectores que empezan a ler. 

A continuación, a lectura do noso CONTO COLECTIVO DA PAZ,  que rematamos cunha fermosa sesión de ABRAZOTERAPIA proposta polo alumnado de 1º e 2º. Se queredes ver todas as imaxes, xa sabedes, coma sempre, premede en calquera das fotos que vedes aquí...
https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63


 

Ningún comentario: