xoves, 19 de abril de 2018

CONTACONTOS: "E TI QUE FARÍAS POR MIN?"

https://photos.app.goo.gl/5VQKFMMjrVwg1whp1
E seguimos.... Esta mañá Alisson e Aitana contaron "E ti que farías por min?, un conto de Fina Casalderrey, editado por Xerais. "Malta e Marqués, dous cans que viven na rúa e pasan moita fame, achéganse ao vertedoiro na procura de algo de comida: mentres Malta remexe no lixo buscando algo de proveito, Marqués fálalle das moitas cousas que podería facer por ela…"

Un aplauso grande para estas dúas contacontos. Esperamos vervos moi axiña compartindo con nós outro libro!! 
Aitana e Alisson, noraboa!

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Seguro que o fixeron fenomenal e todo o mundo disfrutou moitísimo, non si? Unha aperta.