Segundo contacontos! Esta mañá contaron Samuel e Diego. Animáronse a lernos "NEGROS E BRANCOS", de David Mckee, publicado por Xerais. Temos que dicir que o fixeron moi ben, tan ben, que recibiron as felicitacións dos maiores de sexto que estaban escoitando. Estamos desexando que repitan esta experiencia.
Moitas Grazas, Diego e Samuel por amosarnos esta historia na que " Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e
odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e
tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día
saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz…"
Ningún comentario:
Publicar un comentario