miércoles, 21 de noviembre de 2018

ARQUEÓLOGOS POR UN DÍA..., e máis que virá!

https://photos.app.goo.gl/HsVqFx1UxRAiKMHw7

https://photos.app.goo.gl/HsVqFx1UxRAiKMHw7
Esta mañá os pequenos e pequenas de 1º e 2º, os Rebuldeiros, fixeron unha exposición na súa aula sobre o proxecto no que están traballando: A ARQUEOLOXÍA. Escoitaron e participaron  con moitas ganas os seus compañeiros e compañeiras de Infantil. A verdade é que as explicacións foron moi clariñas e sabemos que este tema vai dar moito de sí. De momento, a profe Kelly conseguiu que despois do recreo vivisen unha aventura en primeira persoa, xa que logo da exposición, localizaron no plano do cole, onde buscar e, mans á obra!; repartiron as ferramentas de traballo e cavaron ata atopar todos os "tesouros": unhas misteriosas pedras que agochaban o verdadeiro tesouro. Cada unha delas tiña dentro unha antiga moeda que levaron como recordo para a súa casa! Buá!, vaia mañá!!
Avisamos que aínda haberá máis sorpresas! 
Estade atentos!

No hay comentarios: