jueves, 22 de noviembre de 2018

Traballando o Día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

https://photos.app.goo.gl/w64sST4KcwhqEPbh9
Pola mañá, e promovida pola ANPA do centro, asistimos en dúas sesións, a unha actividade da Asociación Lisístrata -Onde hai paz hai cultura; onde hai cultura, hai paz-: "A HISTORIA EN FEMININO"
Ao longo de dúas sesións fixemos un percorrido pola historia contada dende un ángulo diferente ao que a maioría dos libros de texto nos teñen acostumados. Ana Hermida amosounos un montón de mulleres que xogaron na historia un papel tan importante ou máis que calquera dos homes científicos, políticos, deportistas, pintores recoñecidos dende sempre. Esta charla-contacontos estivo adicada a esas esquecidas, as valerosas e pioneiras coas que cada curso traballamos, pero que necesitamos seguir coñecendo porque hai moito por lles devolver, non si?
Deixamos algúns vídeos para que recordedes a algunhas das mulleres que vimos hoxe pola mañá, pero xa sabedes que podedes investigar e ampliar todo este coñecemento. Hai moitas mulleres esperando o seu recoñecemento. 
Hoxe Ana Hermida falounos de Irena Hendler, Hellen Keller, Florence Nightingale, Hipatia de Alejandría, Caroline Herschel, Diane Fossey, Marie Curie, Sophie Germain; María, "la judía"; Valentina Tereshkova, Ada lovelace, Hedy Lamarr, Nancy Johnson, Beaulah Louise Henry, Josefine Crochrane, Simon Biles, Nadia Comanecci e Olga Korbut entre outras. 
 Grazas unha vez máis á ANPA por xestionar esta interesante actividade e grazas a Ana Hermida pola súa amenidade e por recordarnos a tantas e tantas mulleres importantes na historia.



https://www.abc.es/ciencia/20130308/abci-mujeres-inventoras-historia-201303071705_1.html



No hay comentarios: