xoves, 29 de novembro de 2018

CONTACONTOS: FREDERICK!

https://photos.app.goo.gl/5aR8Pn8fEYvEGrnf8
Esta mañá, Diego, Icía e Fusía contáronnos un clásico publicado por vez primeira no ano 1967: FREDERICK, de Leo Lionni, da Editorial Kalandraka. Xa choveu, non si? Pois ese foi o libro que escolleron e que nos contaron coa axuda de Martina que suxeitou unha fermosa flor coma a de Frederick. Porque Frederick gusta de recoller as cores e as raiolas do sol, porque Frederick é un POETA!

Coma sempre, agradecémosvos a vosa colaboración e entusiasmo. 
NORABOA E ATA A PRÓXIMA!

https://photos.app.goo.gl/5aR8Pn8fEYvEGrnf8

Ningún comentario: