miércoles, 12 de diciembre de 2018

CONTACONTOS: FÁBULA DA FORMIGA E A CIGARRA

https://photos.app.goo.gl/5czo5ayhRg8fWApcA
Ben por Aroa e Celine! Como este mes na clase de primeiro e segundo estiveron a traballar e ler as fábulas, nestas semanas que quedan queren compartilas co resto do cole, e nas horas do recreo, animáronse a contárnolas. Este martes empezaron estas dúas contadoras, e fixérono moi ben. Así dá gusto!
Por se queredes recordala, deixámosvos o vídeo que completou este especial "contacontos".
Celine e Aroa, moitas grazas por amosarnos a fábula e A cigarra e a formiga, de Esopo
Gustounos moito e aprendemos unha ensinanza final, como sempre ocorre con elas, e neste caso esa ensinanza é que hai un tempo para todo; para gozar do noso tempo e xogar, pero tamén para traballar, non si?
NORABOA ÁS DÚAS!

No hay comentarios: