jueves, 17 de enero de 2019

CONTACONTOS: O PAÍS DOS MANDÓNS

https://photos.app.goo.gl/cqWiQWdjGqdLU68A8
Este martes, Irene e Aitana, de cuarto, contaron "O PAÍS DOS MANDÓNS" - EDITORIAL EMBORA. Fixérono tan ben que quedaron invitadas a contalo para todo o colexio o día 8 de marzo. Seguro que volverá ser un éxito porque demostraron que están á altura. Este é un conto de Paloma Rodríguez e Cristina Justo, ilustrado por Spela Trobec, e que fala da igualdade entre os homes e as mulleres, por iso pensamos que novamente será un título para recordar o vindeiro Día Internacional da Muller Traballadora.
Se queredes, podedes ver este vídeo que atopamos en Internet:

NORABOA ÁS DÚAS!

No hay comentarios: