mércores, 24 de abril de 2019

FELIZ DÍA DO LIBRO con XOÁN FARIAS!


https://photos.app.goo.gl/pCgNHyEc9SVaZMVH8

O 23 de abril sempre é unha data especial para as Bibliotecas Escolares, e para todos os amantes dos libros, claro. Onte foi aínda máis especial para nós. Tiñamos programada unha vídeo conferencia cun colexio moi lonxano, o CP Asunción Rincón, de Madrid. E cal era o motivo, pensaredes vós? Pois poñernos en contacto con dous netos de Xoán Farias, que estudan alí.
Ao longo do curso preparamos este "encontro" e, cada colexio fixo unha selección de lecturas para traballar e compartir con eles.
Hoxe poderedes ver parte do resultado. Enviámoslles o vídeo da nosa Biblioteca para que a coñecesen e soubesen a historia que nos liga a Xoán Farias. Dos inicios á actualidade...
Ademais temos un vídeo, resultado da lectura de "Cando Arturo escapou da casa". Un fermoso vídeo feito polos peques de Infantil ao que puxeron voces os Rebuldeiros de 1º e 2º.





Ao mesmo tempo, estamos a traballar nos audios dos pequenos diálogos que estamos a facer en 5º e 6º. Cando completemos os nove cadernos, avisarémosvos. Recordades o que publicamos o 5 de abril?

Ningún comentario: