xoves, 27 de xuño de 2019

CHISPAS NUTRICIONAIS NO MERCADO DA MAGDALENA

https://photos.app.goo.gl/n8nJchevdw7cuvbBA
Reverso da Chispa nutricional
Estas son as imaxes tiradas hoxe pola mañá no MERCADO DA MAGDALENA. As CHISPAS NUTRICIONAIS son o produto final do Proxecto de Nutrición e Hábitos de vida saudables que levamos a cabo este curso no centro. Como vedes son marcapáxinas con información das propiedades nutricionais e/ou curiosidades de 25 froitas e 25 hortalizas. Fixemos moitas fotocopias e repartimos entre os postos e persoas que estaban no mercado. Grazas ás familias que hoxe puidestes colaborar para facer posible esta actividade!
Estamos traballando por contaxiar e animar á xente da nosa contorna a que coide a súa alimentación. 
Cremos que o imos conseguir! 
Ti súmaste?

Ningún comentario: