Despois dun longo curso de traballo, toca despedirse: fin de curso, premios dos CHISPAZOS NUTRICIONAIS, despedida do alumnado de 6º e do noso querido Ramón. Menos mal que despexamos a mente gozando do resto da mañá ao aire libre en Ares, senón tantas emocións xuntas...
Grazas á ANPA por estar aí sempre. E grazas aos que puidestes achegarvos tamén.
Grazas á ANPA por estar aí sempre. E grazas aos que puidestes achegarvos tamén.
* Noraboa a Bruno e Erick, de Infantil; a Diego Bra de 2º e a Diego Souto, de 6º. Eles son os gañadores desta primeira edición dos Chispazos Nutricionais.
* Despedimos a Martín, a Laura, Marta, Iria, Gaia, Marcos e Diego; e a Tadeo, que non está na foto pero, despois destes meses xuntos, xa forma parte da nosa familia tamén. O paso deste grupo polo colexio non nos deixou indiferentes. Quédanos gratos recordos dos momentos compartidos. Que teñades moita sorte na nova etapa que comezades. Esperamos as vosas novas; gustaranos saber de vós. Confianza e traballo, e moito ánimo! Querémosvos!!
* Todo depende do cristal con que se mire. A canción dicía que vinte anos non é nada, pero... 27 no cole e 20 na dirección..., case toda unha vida laboral, verdade?
Ramón, ímoste botar moito de menos. Sementaches e agora recolles o agarimo dos pequenos, das familias e dos compañeiros e compañeiras docentes e non docentes. Queda unha pegada ben visible do teu paso polo centro, pero a máis importante é a que, seguro, deixas en cada un de nós. Grazas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario