venres, 20 de setembro de 2019

Asalto ao Castelo de San Felipe.

Este novo curso vimos dispostos a sacar o mellor de nós mesmos, e que mellor forma que comezar que cunha visita ao Castelo de San Felipe para motivar ao noso alumnado cara ao gran proxecto anual e interniveis que desenvolveremos ao longo de todo o ano escolar?


E non só fixemos a visita ao castelo, que nos encantou e resultou moi emocionante, senón que tamén participamos nunha gran busca do tesouro - con ambientación pirata - organizado polas nosas profes, co que pouco a pouco fomos coñecendo pistas sobre a temática do proxecto. Que será, que será???

Seguindo un mapa pirata tiñamos que resolver diferentes probas e en cada unha delas conseguiamos unha peza dun quebracabezas, que ao final daríanos a clave para abrir os candeados do cofre pirata que tiña agochado dentro un tesouro!
Un mapa da nosa comarca e unha chapa para recordarnos de onde somos. Agora toca iniciar un longo proceso para saber a onde imos chegar. Comezamos proxecto sobre Ferrol.

Que ben o pasamos e cantas cousas aprendimos: traballar en equipo, cooperar uns cos outros,  recoñecer o valor do traballo conxunto para aunar esforzos, aprender xogando, divertirse aprendendo... Cantas emocións nunha soa mañá!

Coma sempre, o acceso ao álbum con toooooodas as fotos, premendo na seguinte imaxe. Á abordaxe, piratas!








Ningún comentario: