E xa lle estamos collendo gusto a isto dos contacontos no recreo. Hoxe foi a quenda de Diego Amado e contounos "Sopa de nada", da editorial OQO. Unha sorprente receita que saiu da nada. Hummmm... curioso cociñeiro!
Grazas Diego por deixarnos tan bo sabor de boca. E se vos gustou, xa sabedes que podedes levar este libro con tan máxica receita ás vosas casas ou vir degustalo na biblioteca.
1 comentario:
Ok, Diego, felicidades e grazas por compartir parte do teu tempo cos máis pequenos.
Publicar un comentario