Este venres Celine e Irene quixeron darnos unha charla sobre a importancia de coidar o medioambiente e o problema da contaminación plástica.
Déronnos uns consellos para reducir a nosa pegada no planeta, reducindo, reutilizando e reciclando os nosos desfeitos. Porque unha cousa está clara: canto menos contaminemos o noso planeta, máis doado será mantelo limpo.
Xa vedes, no cole de Pazos temos grandes activistas polo clima. Seguindo os pasos de Greta Thunberg, elas mesmas deseñaron o cartel anunciador da súa charla, documentáronse, prepararon o seu guión, e contáronlle aos seus compañeiros e compañeiras o porqué da importancia de tomar parte nun movemento de cambio para a conservación do noso planeta.
A verdade é que non deixaron indiferente a ninguén: tanto profes como compañeiros non puidemos facer outra cousa que felicitalas.
O planeta precisa de máis nenas e nenos valentes coma vós!
A verdade é que non deixaron indiferente a ninguén: tanto profes como compañeiros non puidemos facer outra cousa que felicitalas.
O planeta precisa de máis nenas e nenos valentes coma vós!
1 comentario:
Irene e Celine tivestes unha moi boa iniciativa. Alégranos ter alumnas preicupadas polo noso presente e futuro. A conservación do medioambiente e o cambio climático afectanos a todos e todas, e vós aportastes con esta charla un graíño de area máis entre os que loitan pola súa defensa. Noraboa ás dúas e que xurdan máis iniciativas similares!!
Publicar un comentario