luns, 28 de outubro de 2019

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coa nosa biblioteca chea de maxia

Hoxe, 28 de outubro, a nosa biblioteca encheuse de maxia da man  man do Mago Benxamín, celebrando así o Día das Bibliotecas Escolares e grazas á colaboración da ANPA do colexio.


Grandes e pequenos pasamos un rato divertidísmo e sorprendente cos truques de Benxamín, quen non deixou indiferente a ninguén dos alí presentes. 
Unha pandeireta con metros e metros de cinta no seu interior, unha corda con e sen puntas, un mapa desordeado que se coloca só, un coelliño que vai e vén, unha xirafa á que lle medra o pescozo, unha carta que quéimase e volve aparecer, un deportista colorido... todas estas cousas fixéronos ilusionarnos con que a maxia realmente existe. 

Foi unha xornada inesquecible, que ademais puidemos compartir coas familias que puideron achegarse ata o cole, ás que tamén lles estamos moi agradecidas.

Tras o espectáculo, o Mago Benxamín deixounos unhas palabras máxicas escritas no libro de visitas da Biblioteca. Moitas grazas e convidado quedas a voltar sempre que queiras. 


E é que a Biblioteca sempre será o lugar onde todo pode suceder, onde a maxia existe...

Ningún comentario: