Este mércores, na véspera da Noite de Samaín, no cole vivimos unha xornada de celebración por partida dobre.
Á primeira hora repartímonos por grupos e fixemos obradoiros con castañas: elaboración de cornetes para as castañas, tres en raia castañeiro, carreiras de relevos con castañas, bomba castañeira e o clásico papa-castañas.
Que ben o pasamos, cantas risas e que olor tan rico daban esas castañas que Xaime e o profe Luis estiveron asando mentres o resto andaba a brincar por todo o cole.
E despois, claro... Había que degustar esa "delicatessen" que con tanto mimo prepararon. Boa conta demos delas... non sobrou nin unha presadiña.
E xa coa barriga chea, prendimos as candeas das nosas cabazas e con todo o cole ás escuras subimos ata a nosa Biblioteca na que tivemos unha máxica sesión de contacontos de medo.
Un ano máis, cada unha das aulas elaborou unha terrorífica historia coa que sorprender aos seus compañeiros.
Ademais, os Rebuldeir@s de Pazos elaboraron coa axuda da súa profe, un audiovisual que deixou a máis dun coa boca aberta e tremendo de medo. Podédelo ver a continuación, se vos atrevedes, claro!!!
Pero que medo pasamos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario