Ainda que esta actividade desenvolveuse durante o mes de outubro do presente curso, recollémola agora, unha vez finalizada.
Dentro do “Programa CA/AC
(Cooperar para Aprender/Aprender a Cooperar) para ensinar a aprender
en equipo” que se está a desenvolver este ano no cole, realizáronse unha serie de dinámicas de cohesión.
Unha das que nós consideramos máis especiais é a denominada “A maleta”. Esta dinámica pertence ao "ámbito de intervención A", e ten como finalidade favorecer a interrelación, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do grupo.
Para a súa realización o alumnado debe traer ao cole unha maleta chea de obxectos representativos da súa personalidade que indiquen aficións, habilidades ou mesmo manías. A maleta pode conter obxectos pero tamén fotos, libros, cancións... Os/as nenos/as (con axuda do seu familiar) explicarán que representa e significa cada un.
Queredes ver que foi o que pasou nestas asombrosas presentacións de si mesmos dos Rebuldeir@s? Pois non vos perdades o vídeo a continuación e, coma sempre, podedes acceder ao album de fotos con todas as imaxes premendo en calquera das de esta entrada.
1 comentario:
Paréceme unha idea moi boa. Sempre é agradable ver ás familias implicadas e, coma sempre, as imaxes falan por si soas. Noraboa pola iniciativa, e noraboa tamén a todos os que participaron.
Publicar un comentario