venres, 8 de novembro de 2019

E chegaron os escornabots para a biblio

Como todos saberedes xa, neste curso a nosa biblio pasa a formar parte do Proxecto de Bibliotecas Creativas, que ten como finalidade introducir dentro das bibliotecas escolares un recanto de experimentación e creación empregando a robótica e a linguaxe de programación para mellorar as habilidades manipulativas, de expresión, razoamento lóxico e a alfabetización múltiple.

Pero o que non esperaban algúns era que os robots viñeran "en pedazos"... Así que hoxe o alumnado de 5° e 6° de Primaria tiveron unha sesión de robótica algo diferente. 



Tarefa do día: montaxe dos escornabots.
E por se alguén o dubidaba, funcionaron todos á primeira!!!

1 comentario:

Rosana Rodiles dixo...

Traballaron un montón, e o mellor de todo foi que souberon traballar en equipo. Felicidades a 5° e 6°, bo traballo!!