Como di o refraneiro popular, “polo San Martiño, trompos ao camino” e “polo San Amaro, trompos ao faiado”. Iso significa que o trompo se xoga tipicamente nesta época do ano, entre o 11 de novembro e o 15 de xaneiro.
O trompo chámase tamén peón, buxaina, bailarete… É un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ou ferrón sobre o que vira o trompo. A parte de arriba chámase pirucho e a máis ancha é a barriga. Para facer bailar o trompo hai que amarrar unha piola, que é unha corda de medio metro que se amarra da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e que se solta rapidamente para facelo virar. No estremo da piola adóitase facer un nó para evitar que escorregue entre os dedos.
Este curso propuxémonos aprender todos a bailar o trompo e claro, hoxe foi o día perfecto para comezar a practicar. Para os máis pequenos do cole, isto da piola é imposible, así que de momento terán que conformarse coas buxainas de man, ainda que non só se apuntan a xogar con elas os pequenos...
Algunha profe que ten o vicio de coleccionalas, sempre trae algunha de cada un dus lugares polos que viaxa, e ten buxainas de diferentes países. Vai ser que isto do pión é unha cousa internacional, seica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario