venres, 13 de decembro de 2019

Contacontos no recreo: Alisson, Aitana e Icía contan "Cuando nace un mounstruo"

E desta volta foron Alisson, Aitana e Icía quenes contaron "Cuando nace un mounstro", unha obra de Sean Taylor ilustrada por Nick Sharratt para a Editorial Juventud.

É un libro moi divertido cun punto algo gamberro que tanto nos gusta a grandes e pequenos. Unha historia, chea de posibilidades disparatadas que fixo que nos fóramos enganchando ao conto, e que ademáis estas rapazas escenificaron á perfección.

E que se ves á nosa biblioteca, poden pasar dúas cousas: unha, que disfrutes un montón coas historias que alí se contan... ou se non, que sexas tí a que conte as historias...

O mellor de todo, que este conto non ten final... pois remata igual que comeza, polo que se convirte nunha historia cíclica infinita. 
Aquí vos queda o vídeo por se volo perdestes ou o queredes volver a ver. Coidado, que engancha!



Ningún comentario: