venres, 7 de febreiro de 2020

Faladoiro literario con Xerezade Ansedes

A Biblioteca Xoán Farias, a Biblioteca do CEIP de Pazos, ten a honra de celebrar un faladoiro literario con Xerezade Ansedes, quen fora alumna do noso centro e que acaba de publicar o seu primeiro libro en Platero Editorial: Traición, a primeira parte da saga "Guardiana". 

Nela cóntanos como "Kara sempre amosárase como unha rapaza decidida e valente, desas que, tan só con miralas, un podería darse conta de que farían o que quixesen sempre, ainda que iso lles conducira directas á ruina. (...) Nembargantes, as cousas estaban a piques de mudar e o seu mundo bambearía para sempre. (...) Que pasaría se, de súpeto, todo no que cre deixase de ser certo?"

Será entrevistada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e convidamos a toda a Comunidade Educativa e achegados a sumarse a este encontro. 

Terá lugar na nosa Biblioteca, o vindeiro martes 11 de febreiro, ás 16:30h.

Agardámosvos!!!





1 comentario:

Anónimo dixo...

Agardo que sexa un momento entrañable, no que ademais de compartir recordos, poidamos descubrir moitas cousas de Xere. Ata o martes!!
Rosana Rodiles