martes, 18 de maio de 2021

Noraboa aos premiados no "XXI Certame de Poesía e Imaxe, en galego, sen filtro".

Un ano máis animámonos a participar na XXI edición do Certame Poesía e Imaxe, en galego, sen filtro, organizado pola Coordinadora das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. E... este ano, fixemos pleno, pois presentamos tres traballos e os tres conseguiron premio! 

Bravo, bravísimo polos gañadores!!! 

👏👏👏👏👏👏👏👏

Na categoría de Educación Infantil, gañou:

Darío Piñeiro Rodríguez

Eu sou pequeno, me dizem, 

e eu fico muito zangado.

Tenho de olhar todo o mundo

com o queixo levantado.


Mas, se formiga falasse

E me visse lá do chão,

Ía dizer, com certeza:

- Minha nossa, que grandão!


Pedro Bandeira


Na categoría de 1º a 3º de Primaria:

Mario Paz Grille


Non llo direi a ninguén:

Esta mañá, no fondo do xardín, unha flor derramou unha bágoa.

Porque se corre o rumor e a abella o oe, 

irá e devolveralle o seu néctar como se fixera mal.

Kaneko Misuzu




e na categoría de 4º a 6º de Primaria:

Irene García de Aguiar

Cada vez que subo a unha árbore

Cada vez que subo a unha árbore 

Cada vez que subo a unha árbore raspo unha perna 

Ou espelexo un xeonllo

E cada vez que subo a unha árbore 

Atopo algunhas formigas; Ou esquivo unha abella

E teño as formigas; Sobre min.

E cada vez que subo a unha árbore

Onde estiveches? Dinme... 

David McCord


Agardamos vernos na entrega de premios!

Ningún comentario: