mércores, 19 de maio de 2021

Teatro con G: "As pitas baixo a choiva"

E para celebrar o mes das Letras Galegas, o Concello de Ferrol lanzou un ano máis a súa programación teatral para os centros escolares, "Teatro con G", pero con limitacións de aforo, como todo. Por iso este ano non acudimos ao Teatro Jofre para ver algunha das obras ofertadas, como é costume e tivémonos que conformar con vela desde o cole, iso si, na pantalla grande, case, case coma no cine.

A obra escollida foi "As pitas baixo a choiva", unha versión teatral e musicada de Teatro Ghazafellos, da obra co mesmo nome de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adicou as Letras Galegas o ano pasado.

Como fai un ano estábamos aínda confinados, quedamos co arelo da estrea desta divertida obra de teatro na que Ludivina e Tereixa, dúas galiñas que viven no galiñeiro de Barreira pasan moitos traballos chocando un ovo á espera de que o neno Ricardiño vaia visitalas. Así que non podíamos deixar escapar a ocasión de vela! 

Aquí vos deixamos un bocadiño.

Ningún comentario: