martes, 15 de xuño de 2021

Os maiores siguen traballando na horta.

E aínda que xa está rematando o curso, seguimos acondicionando a horta. Estamos rematando a plantación de especies florais que axudan a manter os cultivos libres de pragas e estes días aos maiores tocoulles deseñar e construir o emparrado das tomateiras. 

Así que mans á obra! Os de 5º e 6º traballaron moi ben en equipo para logralo. Tiveron que facer unha selección de materiais, repartirse as tarefas, organizarse entre eles e por suposto, colaborar activamente para conseguir finalizar con éxito o seu cometido.

Menos mal que contaron coa axuda de Xaime, o noso conserxe, quen compartiu con eles moitos consellos e o seu bo facer. Unha e mil veces grazas!



(E se queredes ver algunha fotiño máis, preme en calquera das anteriores)

Ningún comentario: