venres, 3 de setembro de 2021

Novos espazos para este curso

E mentras que o noso alumnado estivo a gozar das merecidas vacacións de verán despois do curso tan intenso que nos tocou vivir, que estivo a acontecer no cole? 

Acondicionamos a Aula da Calma para crear un verdadeiro espazo de convivencia no que aprender a xestionar as nosas emocións, aberto ao diálogo e no que levar a cabo dinámicas de grupo diferentes. A que xa estades desexando estreala?




E tamén comezamos a dar os primeiros pasos para a transformación da Aula de Proxectos  nun espazo de traballo colaborativo para todos. Aínda temos moito por facer, pero isto acaba de comezar! 


Benvidos ao novo curso 2021/2022!

Ningún comentario: