venres, 26 de novembro de 2021

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Un ano máis celebramos o mes da Ciencia en galego, organizando unha sesión longa de ciencia na Biblioteca para cada un dos grupos de convivencia estable.

Desde hai varios cursos a través das Bibliotecas Escolares e en colaboración cos equipos de dinamización da lingua galega, promóvense múltiples iniciativas en prol da cultura científica en galego como motor do coñecemento, sempre desde unha perspectiva lúdica e da experimentación.

Este ano, o MANIFESTO en prol da ciencia vén da man de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial, no que salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?."


Así que, fagámoslle caso e gocemos da ciencia tamén desde unha biblioteca tan activa como a nosa: un lugar para medrar e experimentar e, quen sabe se, descubrir algunha vocación científica entre o alumnado, e especialmente entre as nenas, tentando reducir así as deigualdades. Por iso, dicimos: #noMoreMatildas.

E así foi como plantexamos unha semana repleta de actividade científica na Biblioteca, e por suposto, en galego.

Así cada grupo puido experimentar con divertidas propostas manipulativas nas que entraron en xogo diversos principios científicos: aprenderon sobre circuítos eléctricos con plastilina conductora e creando circuítos eléctricos en papel; fixeron chiar a un globo a través da forza centrípeta; crearon uns xiroscopios grazas a o principio de sustentación; conseguiron crear un arcoiris xogando coas densidades de varios líquidos e ata fixeron soar diferentes froitas nunha proposta musical do máis saudable.








E agora só queda ver aos verdadeiros protagonistas en acción.
Coma sempre, preme na foto para acceder ao album.

Que viva a ciencia! E que viva a ciencia en galego!


Ningún comentario: