xoves, 25 de novembro de 2021

25N: Fala por min


Co gallo do 25N: Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero, desde o cole colaboramos co Programa escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero promovido pola FANPA Ferrolterra desde hai varios cursos.

Este ano, participando nunha proposta audiovisual colaborativa entre varios centros da comarca moi potente, grabando un videoclip co tema FALA POR MIN, de Eugenia Sanmartín, cunha letra que non pode deixar a ningúen indiferente:

Fala por min. Loita por min.

Non quero estar máis aquí
Non quero que se abra a porta
Outra noite sen durmir
Vai haber liorta
Non quero máis berros
Non podo sorrir.

Hoxe quero rompelo todo (todo, todo)
Dentro só sinto rabia
Non me sae xa ningún choro (choro, choro)
Nen sequera sinto mágoa
Non quero ser nena
Non quero ser neno
Non teño sufiente forza
Non teño forza.

Miña nai volveu chorar
Meu pai berrarlle que é tonta
Eu conto cantos golpes van
Agochada no gardarroupa
Non deixo de tremer
Para qué nacín eu?

POR ISO PRECISO
POR ISO PRECISO EU DE TI
SE PODES SENTIR O QUE PASA (veciño)
SE PODES LER NOS MEUS OLLOS
SE ESCOITAS OS MEUS SILENCIOS (profe)
SE ENTENDES A MIÑA VIOLENCIA (xente)
FALA POR MIN
LOITA POR MIN (xente)


"Porque a educación é a vacina para acabar co maltrato"
E por aquí tamén quedan as tomas feitas por cada un dos grupos. Que ben o fixeron todas e todos!









Ningún comentario: