martes, 21 de decembro de 2021

Finalización da Campaña de Recollida de Alimentos

E hoxe tocou facer mostra da nosa solidariedade cos que o máis o precisan facendo entrega dos alimentos recollidos ao longo da semana pasada. Unha humilde contribución que se fixo posible grazas á colaboración das familias do cole que xuntaron ao redor de 100kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Balrial de Ferrol.

Os peques do cole foron os encargados de clasificar e embolsar os productos, e deixalos preparados para que os viñeran a recoller. Velaiquí os tedes en acción. Traballaron arreo!


Ao día seguinte, foron os de 3º e 4º de Primaria, os nosos Tritóns, os encargados de cargar a furgoneta do Banco de Alimentos que se achegou ata a porta da escola. Días antes chamaran por teléfono ao responsable do Banco de Alimentos e concertaran a entrega. Moi ben organizados e colaborando entre eles para levar as cargas máis pesadas, en seguida cumpliron coa súa parte da misión. 



Bravo!!!
E que xuntos, podemos lograr grandes cousas!!!

#espazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: