martes, 21 de decembro de 2021

Xogos polo Nadal

Para celebrar este final de trimestre en torno aos ODS e a Axenda 2030 que mellor forma que organizar unha sesión de xogo e movemento para todo o alumnado. Os maiores, coa axuda do seu profe Pablo,  foron os encargados de deseñar e organizar a montaxe dunha macro-xincana coa que brincar este último día.



Pois xa sabemos que para estar sans debemos, non só alimentarnos ben, senón tamén facer algo de exercicio a diario. E que mellor forma de activar o corpo que a través do xogo? Por aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos e xa sabedes que premendo en calquera delas podedes acceder ao album completo.







Exitazo de organización e de participación!!! 
Foi unha mañá xenial.

#espazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: